jueves, 29 de septiembre de 2011

infinitivos

achegarse a un corpo celeste sen sentir o enorme frío que rodea á soidade das estrelas.
agochar moedas en caixas de VHS e escondelas no monte coma tesouros.
meter as mans en barro e esperar a que se sequen e nazan millóns de enrugas falsas.
disparar coas mans ós avións que pasan e ter medo a que nese intre estouren.
marearse nunha bañeira con sales e ter que meter a cabeza en auga fría.
abrir unha cervexa no verán contra o bordo dunha mesa de mármore.
retorcer os plásticos de embalar destruíndo as súas burbullas.
rebozarse na area quente ó saír do mar.
calcular mentalmente os rebotes que unha hipotética pelota faría nun cuarto baleiro sen non houbese forza de rozamento.
contar baldosas e pasos e escaleiras.
comer espaguettis.
empañar espellos non bafo e escribir nomes de directores de culto.
buscar datos sobre grupos armados do pasado.
asentir cando non entendes o que alguén di.

No hay comentarios:

Publicar un comentario