sábado, 29 de octubre de 2011

cando naces, todos rin e ti choras.
cando morres, todos choran e ti non podes rir.
a vida, obxectivamente, é inxusta.

sábado, 22 de octubre de 2011

nunha breve porción de tempo collen as túas mans,
nun silencio, un infarto.
na soidade das metrópoles os vimbios verdes que asubían no ar.

lunes, 10 de octubre de 2011

Poética e soa.
metafísica.
famélica experta do amor inconcluso,
das enormes noites de mil amantes
soborna o tempo esperando a fianza da xuventude entre berros alcólicos.
asombrosamente fea e deforme.
fermosa,
carente do requinte das meretrices decimonónicas,
érgese como un illote no medio da inmundicia da noite.
mentres pasan dous homes que fuman.

sábado, 1 de octubre de 2011

calculo aproximado de momentos

douscentos vinte e tres mil
catrocentos corenta e sete millóns
oitocentos noventa e catro mil
seiscentos setenta e seis.
223.447.894.676