jueves, 29 de septiembre de 2011

infinitivos

achegarse a un corpo celeste sen sentir o enorme frío que rodea á soidade das estrelas.
agochar moedas en caixas de VHS e escondelas no monte coma tesouros.
meter as mans en barro e esperar a que se sequen e nazan millóns de enrugas falsas.
disparar coas mans ós avións que pasan e ter medo a que nese intre estouren.
marearse nunha bañeira con sales e ter que meter a cabeza en auga fría.
abrir unha cervexa no verán contra o bordo dunha mesa de mármore.
retorcer os plásticos de embalar destruíndo as súas burbullas.
rebozarse na area quente ó saír do mar.
calcular mentalmente os rebotes que unha hipotética pelota faría nun cuarto baleiro sen non houbese forza de rozamento.
contar baldosas e pasos e escaleiras.
comer espaguettis.
empañar espellos non bafo e escribir nomes de directores de culto.
buscar datos sobre grupos armados do pasado.
asentir cando non entendes o que alguén di.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

instruccións á resistencia galega

crear un artefacto explosivo non é tan difícil,
non é coma nas películas.
é romper o vidro dunha bombilla de maquetería cun taladro de precisión
agarrando o casco cun trapo para evitar que estale coas vibracións.
e conectar dous cables nas patillas do portalámparas.
é trucar un despertador.
desmontalo seu altofalante, empalmar os cables de contacto cos da lámpada.
e axustar a hora da detonación.
e desfacer xabrón de glicerina nunha pota vella da casa,
en campo aberto cun fornillo de camping
para evitar que os gases destroces os teus pulmóns.
mezclalo despois con gasolina,
a modo,
revolvéndoo coa culler de madeira.
metelo nunha garrafa baleira,
enchéndoa ata o borde,
metendo a bombilla para que se sumerxa neste bendito napalm caseiro.
poñelo tapón e dicirlle adeus ós charlies norvietnamitas,
(ou a unha inmobiliaria)

Ana

Ana é un palíndromo,
é un corpo branco
unha serpe que non morde, se non que abraza
un corpo deitado sobre a area dunha praia deserta de soles,
é un faro chantado no cabeceiro dunha enorme cama.
Ana é o alef dos abecedarios da risa.
Ana é unha caricia na túa espalda.
É indivisible e só pode multiplicarse por si mesma e ser sumada á realidade.
Ana é a unívoca unicidade.
Ana ten pés de dama e mans pefrectas, para non colgarse do inalcanzable
e ten lombo de pátria para deitarse sobre el.
Ana é a súma de mil cousas,
é como un fotograma borroso na inmensidade dun filme de Malick.
unha cebra que come herba na sabana da ambigüidade.
sobre o cu de ana pousase o meu pescozo,
e sobre os seus riles o meu rostro,
sobre os muslos o meu peito
e sobre os xemelgos as miñas costelas.
O meu pubis nos seus nocelos
e das súas dedas
naces serpenteantes as miñas pernas.
Os meus brazos non alcalzan a súa cabeza
e fan campamento base nos seus ombreiros.
Ana é como unha fenda no ceo quentada co lume do inferno.

viernes, 23 de septiembre de 2011

möbius

volver ó comezo,
un bucle.
möbius,
e a súa banda enferma tocando ó fondo.
teoría do caos,
efecto mariposa,
chucho perfecto; subversivo.
volver ó comezo,
un bucle.
möbius,
pintando remuíños no teu lombo.
enorme tornado,
bocado na boca,
silencio completo; sonoro.
volver ó comezo,
un bucle.
möbius,
formigas táctiles protexen os teus ollos,
volver ó comezo,
un bucle.
möbius.

jueves, 22 de septiembre de 2011

02

hoxe quero comer galletas,
de chocolate.
só para ver as túas mans amasándoas
mentres o sol descansa.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

01

As ideas precipítanse como as últimas gotas do aceite morno que me gustaría derramar sobre o teu corpo.
A modo, gozando da plenitude que supón crearse a si mesmo. a si mesmas.
gañando peso e xogando coa gravidade. universal, incuestionable.
irrisoria ante os teus peitos.
Nacen sen o caos de antonte. cando rebulían co impulso dunhas rítmicas convulsións que eu mesmo provocaba.
Nacen na lucidez das candeas, coa súa febleza, máis coa forza dos primeiros bicos após de estar dous anos no deserto.
Nacen coa idea de medrar, e expandirse lentamente. de xogar a ser sans emperadores pasados ante o mapa dunha europa incompleta.
Nacen do enorme placer que supón acariñar o teu sexo.
Nacen de min.
Nacen da miña forza.
Nacen afastadas dos protóns liberados polas bombas e das endorfinas antificiais dos placebos farmaceúticos.
Nacen do que supón sorrir e non sentir que se deforma o rostro.

atentamente, palauparaupoulos.

entrante

Escribín un blogue hai tempo como unha forma de fuxir, de escapar do continuum.
Escribín un blogue que comezaba coa idea dun ser que cae nunha illa do pacífico despois de ser absorbido por un buraco de gusano.
Escribín un blogue moi enfermo, no que unha bomba nuclear gobernaba, dende o ceo, todo o que alí se contaba.
Escribín un blog no que o vómito era o summum e a incompleta arcada a súa realidade.
Escribín un blogue porque sentía afogo.
Escribín un blogue no que EU era o seu nome, a súa vítima, o suxeito sobre o que verter a miña raiba, sobre min mesmo.
Escribín un blogue radioactivo, pois buscaba a cuarentena.

Escribo agora isto para construír outra historia.
máis viva. a vida nun ser que non habita nunha illa deserta do pacífico, se non nun arquipélago infinito. onde non sentirse so. onde non esperar bombardeos metafóricos. onde poder saudar e non sentir saudade do perdido.
escribo o berro porque agora creo que non necesito berrar no baleiro do océano. prefiro falar antes que sentir que o sal marino comeza a facer estragos no meu cerebro.
e escribo de kurosawa porque no fondo, ben o sabedes, son un puto e asqueroso moderno.

benvidxs a este novo universo.

atentamente, palauparaupoulos.