miércoles, 21 de septiembre de 2011

entrante

Escribín un blogue hai tempo como unha forma de fuxir, de escapar do continuum.
Escribín un blogue que comezaba coa idea dun ser que cae nunha illa do pacífico despois de ser absorbido por un buraco de gusano.
Escribín un blogue moi enfermo, no que unha bomba nuclear gobernaba, dende o ceo, todo o que alí se contaba.
Escribín un blog no que o vómito era o summum e a incompleta arcada a súa realidade.
Escribín un blogue porque sentía afogo.
Escribín un blogue no que EU era o seu nome, a súa vítima, o suxeito sobre o que verter a miña raiba, sobre min mesmo.
Escribín un blogue radioactivo, pois buscaba a cuarentena.

Escribo agora isto para construír outra historia.
máis viva. a vida nun ser que non habita nunha illa deserta do pacífico, se non nun arquipélago infinito. onde non sentirse so. onde non esperar bombardeos metafóricos. onde poder saudar e non sentir saudade do perdido.
escribo o berro porque agora creo que non necesito berrar no baleiro do océano. prefiro falar antes que sentir que o sal marino comeza a facer estragos no meu cerebro.
e escribo de kurosawa porque no fondo, ben o sabedes, son un puto e asqueroso moderno.

benvidxs a este novo universo.

atentamente, palauparaupoulos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario