Na máis profunda harmonía do universo,
vin o caos en estado puro,
cuspiron sobre as estrelas os iñorantes
mentres eu cuspía sobre eles.
Mais eles nunca afogaron estrela algunha,
e mentres morrían nas miñas babas
aferrábanse a un deus absurdo que os salvase
mentres eu morría coa risa.
soaron salvas de ledicia,
pola fugaz existencia dos abortos,
berramos enxoitos e espidos,
despois das suores do inferno.