con enormes e escuras nubes cubriuse a cidade no outono, abrigándose ente un sol que seguramente a traizoase prometéndolle sol e ofrecéndolle frío.
rebelándose sen aceptar a súa silenciosa decisión as persoas que alí moraban.
enchíanselle os dende de raiba e cargados de iñorancia queixábanse da imposibilidade de velo sol.
A cidade os respectaba, mostrando máis humanidade que a que eles lle profesaban a ela. aceptando falsamente, como unha nai adoptiva, que nunca poderían sentir por ela ese amor completo que por outras si sentían.
sentíase tan triste vendo que non a entendían, que choraba bagoas que saían das súas entrañas mesmas, das súas cloacas, enchendo a cidade dun cheiro non máis repugnante que un cadáver descomposto.
e máis se queixaban os humanos polo cheiro, máis choraba a cidade e rematou por afogarse nas súas bágoas. e as persoas xa non se queixaron porque morreron afogadas na merda.
o problema das cidades é unicamente a xente que mora nelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario